luns, 22 de xaneiro de 2024

Manexo do brazo robótico CompluArm. Curso 2023-2024.

Ao remate da montaxe do brazo robótico CompluArm durante da 1ª avaliación, comezamos co proceso de programar o seu manexo.

O primeiro obxectivo nesta fase foi crear 4 secuencias, que colleran as figuras 1, 2, 3 e 4 do kit dunha maneira suave e as depositaran nos caixóns correspondentes (ver imaxes).



Os programas foron deseñados polos alumnos Joel Sánchez e Nerea García, no IDE Arduino, e se poden descargar premendo nas seguintes ligazóns:

Nota: Os parámetros requiren un axuste para a configuración concreta do brazo robot (valores máximos e mínimos do movemento de cada servo).

No seguinte vídeo pode observarse o funcionamento do brazo robótico co programa Secuencia_1:

O seguinte obxectivo e elaborar un programa que permita "conducir" o brazo robot. Neste programa o movemento de cada un dos 6 servos dependerá do valor de entrada dado polo potenciómetro correspondente.