Guía de uso do kit Experimental Box + a placa micro:bit


O Experimental Box + Micro:bit é unha ferramenta didáctica ideal para iniciarse no mundo da programación e da electrónica. Trátase dun kit educativo que combina compoñentes electrónicos tradicionais cunha placa microcontroladora Micro:bit, permitíndonos aprender dunha maneira interactiva e divertida.

1. Que é o Experimental Box?

O Experimental Box é un adestrador didáctico desenvolvido para programar coa placa Micro:bit. Esta pequena tarxeta, creada pola BBC, ten como obxectivo ensinar programación e robótica educativa. A placa Micro:bit funciona dun xeito similar á placa Arduino, que se utiliza habitualmente no taller de Tecnoloxía de 4º de ESO.

2. Que compoñentes inclúe?

O kit Experimental Box conta con diversos compoñentes de electrónica e electricidade, entre os que atopamos:

  • Sensores de temperatura (NTC) e luz (LDR).
  • Diodos LED.
  • Servomotor e motor de corrente continua (CC).
  • Transistor MOSFET.
  • Resistencias de diferentes valores.
  • Potenciómetro.

As conexións entre os compoñentes realízanse mediante cables con conectores tipo banana, que son fáciles de manipular e aseguran unha conexión estable.

3. Como se programa o Experimental Box?

A programación realízase a través de MakeCode, un ambiente de programación baseado en bloques, moi similar a Scratch.

Para programar:

  • Accede á páxina de MakeCode.
  • Conecta a placa Micro:bit ao ordenador e carga o programa nela.
  • Crea un "novo proxecto".
  • Arrastra os bloques necesarios para controlar os compoñentes do circuíto.
  • Unha vez finalizado, preme en "descargar".
  • A Micro:bit executará o código e controlará o circuíto segundo o programado.

4. Experiencia de uso e recomendación

As prácticas dispoñibles no kit (accesible no manual en papel e tamén na pácxina web) son sinxelas de seguir,.

Unha das actividades máis destacadas é a do uso do motor, que consta de dous pasos:

  • Conectar o circuíto seguindo as instrucións e utilizando os cables banana.
  • Crear o programa en MakeCode e cargalo na placa Micro:bit.

Ao realizar as prácticas, se obtiveron os resultados esperados sen complicacións, sendo unha experiencia entretida e didáctica.

5. A quen vai dirixido este kit?

Este kit está recomendado para estudantes a partir de 2º da ESO, xa que as prácticas son accesibles e a programación con MakeCode resulta intuitiva, especialmente para aqueles que xa teñan experiencia previa con Scratch.

6. Máis información.

Páxina oficial de MakeCode.

Información sobre o kit Experimental Box.