Amosando publicacións coa etiqueta 2º Bach. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º Bach. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de setembro de 2025

Presentación das materias: Tecnoloxía e Enxeñería I e II. 1º e 2º Bacharelato. Curso 2025-2026.

A Tecnoloxía e Enxeñería, durante a etapa de Bacharelato, se divide en TeE I para 1º Bach e TeE II para 2º Bach.

Esta materia forma parte do proceso selectivo das PAU, polo que un dos obxectivos da programación prevista da materia será o de prepararse, do mellor xeito posible, para a realización destas probas.

A temporalización en TeE I e TeE II nos permite introducir os contidos avaliables nas PAU dun xeito progresivo ao longo dos 2 cursos.

Neste blogue se irán creando as entradas correspondentes ás Unidades Didácticas da materia, pero a parte principal destes contidos (exercicios resoltos, vídeos, etc) estarán dispoñibles na aula vitual (Moodle) do IES. Chano Piñeiro.

venres, 2 de maio de 2025

Unidade 7: Sistemas de regulación e control. TeE I e II.


Dedicaremos esta unidade ao séptimo e derradeiro bloque de contidos da materia de TeE, Sistemas de regulación e control.

Neste tema, despois de facer un breve repaso polos sistemas de regulación e control, comezaremos coa interpretación e simplificación de sistemas de control en lazo aberto e pechado, así como, a determinación da estabilidade dos sistemas polo método de Routh coñecida a función de transferencia.

Como nas unidades anteriores, podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro

martes, 25 de marzo de 2025

Unidade 6: Lóxica Dixital. TeE I e TeE II.


Dedicaremos esta unidade ao sexto bloque de contidos da materia de TeE, Lóxica Dixital.


Neste tema, despois de facer un breve repaso polos sistemas de numeración e as conversión entre eles, comezaremos co deseño de sistemas lóxicos combinacionais (taboas de verdade, simplificación por Kanrnaugh, implementación con diversas portas lóxicas, etc).

Como nas unidades anteriores, podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro

martes, 11 de febreiro de 2025

Unidade 5: Corrente Alterna. TeE I e TeE II.

Dedicaremos esta unidade ao quinto bloque de contidos da materia de TeE, Corrente Alterna.

Despois de ver os parámetros fundamentais da corrente alterna, estudiaremos os circuítos RC, RL e RLC. Para rematar co cálculo da potencia en corrente alterna (activa, reactiva e aparente).

Como nas unidades anteriores, podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.

venres, 3 de xaneiro de 2025

Unidade 4: Pneumática e Hidráulica. TeE I e TeE II.


Dedicaremos esta unidade ao cuarto gran bloque de contidos da materia de TeE, Pneumática e Hidráulica.

Despois de explicar as diferencias esenciais entre a Pneumática e a Hidráulica, comezaremos a explorar os contidos necesarios para poder realizar correctamente os problemas, primeiro de Pneumática e posteriormente de Hidráulica.

Como nas unidades anteriores, podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.

domingo, 24 de novembro de 2024

Unidade 3: Máquinas Térmicas. TeE I e TeE II.


Dedicaremos esta unidade ao terceiro gran bloque de contidos da materia de TeE I, Máquinas Térmicas.

Despois de facer un repaso inicial sobre Termodinámica (magnitudes básicas e transformacións), veremos os ciclos termodinámicos, facendo fincapé no Ciclo de Carnot.

De seguido, veremos o contido de máquinas térmicas (de onde se obterán boa parte dos exercicios desta unidade): motores térmicos, máquinas frigoríficas e bombas de calor.

Remataremos esta unidade cos exercicios sobre motores (cáculos de cilindrada, relación de compresión, potencia e par motor).

Como na unidade anterior, premendo na seguinte ligazón, podedes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.

domingo, 6 de outubro de 2024

Unidade 2: Estruturas. TeE I e TeE II.

Dedicaremos esta unidade ao segundo gran bloque de contidos da materia de TeE I, Estruturas.

Despois de facer un repaso inicial sobre os tipos de cargas e esforzos que poden aparecer nunha estrutura, analizaremos os diversos elementos estruturais, centrándonos nas vigas e nos armazóns.

Posteriormente, coñeceremos os diversos tipos de apoios nas estruturas e os tipos de vigas, antes de comezar co cálculo de esforzos en vigas e armazóns.

Os primeiro grupo de exercicios desta unidade versarán sobre cálculo de esforzos nos diversos tipos de vigas, con diferentes tipos de apoio e variados tipos de cargas (puntuais e distribuídas).

O segundo grupo de exercicios serán sobre cálculo de esforzos en armazóns, utilizando algún dos seguintes métodos:

  • Método dos nodos.
  • Método de Ritter ou das seccións.

Como na unidade anterior, podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.

xoves, 5 de setembro de 2024

Unidade 1: Materiais. TeE I e TeE II.


Comezaremos polo contido de Materiais, como primeiro gran bloque de contidos da materia de TeE I.

Comezaremos repasando os Sistema de Unidades Internacional e Técnico.

Tamén podes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.

O contido de Materiais o dividiremos en:

    • Tipos de Materiais.

    • Metais, tipos e propiedades.

    • Ensaios de materiais, tipos e fórmulas.

    • Exercicios sobre ensaios de materiais.

Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.