Este Lápis 3D é o modelo Sunlu SL-900.
O Lápis 3D é unha ferramenta que permite crear obxectos en tres dimensións, como se se tratase dunha impresora 3D manual. Funciona fundindo un filamento de plástico PCL que sae pola punta e arrefría rapidamente, permitindo crear formas e estruturas.
(Nota: O PCL (policaprolactona) é un tipo de plástico pertencente á familia dos poliésteres e ten a vantaxe de ser biodegradable e de fundirse a partires de 65 ºC).
Ao descompoñerse, as súas moléculas poden ser aproveitadas polas plantas como fonte de nutrientes, o que o converte nun material máis respectuoso co medio ambiente.
Aínda que é biodegradable, descompóñese máis lentamente ca outros materiais similares, como o PLA (ácido poliláctico). En condicións normais, a degradación completa pode levar varios anos, polo que é importante reutilizar ou reciclar sempre que sexa posible).
Precaucións básicas:
O lápis funciona a baixa temperatura (uns 85 ºC), polo que non debería queimar, pero aínda así debemos ter coidado coa súa punta.
- Non tocar a saída do filamento mentres está quente.
- Non dobrar nin forzar o filamento.
- Nunca usar o lápis sen supervisión.
- O dispositivo apágase só tras uns minutos sen uso.
- Acender o lápis: Mantén premido o botón de acendido uns segundos. A luz LED comezará a parpadear mentres quenta. Cando a luz quede fixa, está listo para usar.
- Cargar o filamento: Introduce o fío PCL pola parte traseira. Preme o botón de avance para que o lápis o absorba. Espera a que saia pola punta.
- Debuxar: Podes debuxar sobre papel, cartón ou unha base de silicona. Mantén premido o botón mentres debuxas. Controla a velocidade segundo necesites máis precisión ou máis rapidez.
- Parar ou cambiar de cor: Preme o botón de retroceso para sacar o filamento actual e cambiar por outro.
- Apagado: O lápis apágase só tras 8 minutos sen uso ou podes apagala mantendo premido o botón.
- Comeza con liñas rectas e formas planas sobre papel.
- Podes practicar unións verticais para levantar estruturas 3D.
- Usa o documento PDF con exemplos de deseños que che deixaremos enlazado.
- Traballa en grupos ou parellas para planificar deseños máis complexos.