sábado, 18 de marzo de 2023

Proxecto de Tecnoloxía: Man robótica. Curso 22-23.

Ao rematar os contidos de iniciación a Arduino, como proxecto final, realizamos unha man robótica controlada cunha placa Arduino UNO.

A idea orixinal a obtivemos da páxina PROGETTI ARDUINO de Fancello Salvatore.

Realizamos modificacións na elección e impresión da man robótica coa impresora 3D Creality CR-200B do taller, na colocación dos servomotores, na realización do cableado coa placa Arduino e no programa utilizado (adaptado aos parámetros obtidos dos Sensor Flex).

IMPRESIÓN DA MAN ROBÓTICA:

En vez de comprar a man robótica como suxería o proxecto orixinal, buscamos un modelo en Thingiverse e o imprimimos. O modelo elixido foi o Robotic Hand v3.0 by embeddedjunkie: Robotic Hand v3.0. Decidimos non utilizar o dedo pulgar e reducir así a 4 os servos necesarios.

PROGRAMA ARDUINO:

Para realizar o noso programa, adaptamos o programa orixinal en TinkerCAD Circuits, substituíndo os 5 potenciómetros por só 4 Sensor Flex. O noso deseño realizado en TinkerCAD Circuits é: Man robótica 4º ESO 22/23.

Entre as modificacións realizadas no programa Arduino, está a calibración dos sensor flex utilizados.

O programa final realizado en Arduino é: man_robotica1.ino.

De seguido se mostra un vídeo co funcionamento da man robótica: