En prácticas anteriores tiñamos realizado o control programando unha placa Arduino, pero neste caso estamos a usar unha placa FPGA, a Icezum Alhambra II de Alhambrabits.
Pero antes tivemos que ver os fundamentos da alxebra de Boole, das funcións lóxicas e como expresalas na súa forma alxébrica e con táboas de verdade.
Tamén vimos as portas lóxicas e realizamos prácticas de realización de circuítos electrónicos sinxelos utilizando integrados con portas lóxicas. Primeiro simulándoos con TinkerCAD Circuits e despois montándoos nun entrenador dixital con integrados reais.
Para reducir a complexidade do cableado decidimos utilizar a placa FPGA e programar nela os circuítos electrónicos coa axuda do programa Icestudio desenrolado polo equipo FPGAWars.
Partindo da definición do problema que queriamos resolver e unha vez obtidas as táboas de verdade, realizamos as simplificacións mediante diagramas de Karnaugh e obtivemos as funcións de saída que caracterizaban ao noso circuíto de control.
Implementamos o circuíto de control co programa Icestudio para poder cargalo na memoria da Icezum Alhambra II, o programa realizado se pode descargar na seguinte ligazón: control porta garaxe final.ice.
Un resumo da práctica realizada está no seguinte pdf: Control porta de garaxe con FPGA.