Dedicaremos esta unidade ao terceiro gran bloque de contidos da materia de TeE I, Máquinas Térmicas.
Despois de facer un repaso inicial sobre Termodinámica (magnitudes básicas e transformacións), veremos os ciclos termodinámicos, facendo fincapé no Ciclo de Carnot.
De seguido, veremos o contido de máquinas térmicas (de onde se obterán boa parte dos exercicios desta unidade): motores térmicos, máquinas frigoríficas e bombas de calor.
Remataremos esta unidade cos exercicios sobre motores (cáculos de cilindrada, relación de compresión, potencia e par motor).
Como na unidade anterior, premendo na seguinte ligazón, podedes consultar as Orientacións e contidos principais deste bloque.
Podedes acceder aos contidos e materiais que traballaremos neste contido, na clase de TeE I na aula virtual do IES. Chano Piñeiro.