Neste tema se tratarán os conceptos fundamentais sobre Electrónica dixital.
Os circuítos dixitais requiren para a súa construción unha serie de elementos que materialicen os principios da álxebra de Boole (base matemática da electrónica dixital), estes son as portas lóxicas.
Pódese definir a Electrónica Dixital como o conxunto de técnicas e dispositivos integrados que se utilizan para o procesamento e transmisión de datos no formato dixital.
Nesta introdución á Electrónica dixital, comezaremos polos Sistemas de numeración.
Os sistemas dixitais teñen que realizar operacións con números que poden estar representados en calquera sistema de numeración. Os distintos sistemas de numeración vanse diferenciar pola súa base, é dicir, pola cantidade de símbolos distintos empregados para expresar calquera cantidade.
Desde o punto de vista matemático, un sistema de numeración pode ter calquera base pero os máis empregados son o Decimal (base 10), o Binario (base 2), o Octal (base 8) e o Hexadecimal (base 16).
No seguinte pdf tes os contidos relativos aos Sistemas de numeración: Sistemas de Numeración.pdf.
O seguinte contido que trataremos, será o de Portas Lóxicas, no seguinte documento tedes os contidos que veremos: Portas lóxicas.pdf.
O terceiro contido será o de Simplificación de funcións, accesible no seguinte documento: Simplificación de funcións lóxicas.pdf.
Unha forma de implementar os circuítos lóxicos propios da Electrónica Dixital é a utilización de FPGA's. No taller temos varias placas Icezum Alhambra I e II. Xunto co software Icestudio, podremos implementar circuítos electrónicos dixitais dun xeito sinxelo e rápido.
Para máis información podes consultar esta entrada de Hard Zone que explica que é unha FPGA, as súas características e utilidades.