xoves, 14 de xaneiro de 2021

Construción dos novos robots mClon Sumo para o Taller de Tecnoloxía. Curso 2020-2021.


Este curso volvemos a realizar a construcción e montaxe de máis robots mClon para o Taller de Tecnoloxía. Este curso intentaremos realizar a montaxe de robots mClon nunha configuración que permita que sexan utilizados en futuras competicións de Sumo no IES. Chano Piñeiro.

A iniciativa mClon a podedes consultar na páxina tecnoloxía.org, na que se mostra dun xeito moi ben explicado como realizar clónicos do robot mBot de Makeblock.
Adaptaremos os deseños base dos robots mClon para a competición de Sumo, para o que realizamos un deseño de carcasa protectora e adaptamos a colocación de 2 sensores de infravermellos (segueliñas) na parte frontal e posterior do robot e de 1 sensor de ultrasóns na parte frontal.

As pezas que conforman a carcasa foron deseñadas con FreeCAD e impresas coa impresora Leon3D que temos no taller. O seguinte arquivo de FreeCAD "mClon Sumo ensamblado.fcstd" contén tódalas pezas que compoñen o mClon Sumo. Para poder imprimilas se deben pasar a formato .stl individualmente, como paso previo á súa edición co programa Repetier ou Cura para crear os arquivos .gcode de impresión 3D.

Seguiremos o proceso de montaxe indicado na páxina no apartado Estrutura da páxina de tecnoloxía.org, pero seguiremos a orde indicada no pdf: "Montaxe dos mClon Sumo" que se elaborou a partires da experiencia adquirida nas montaxes dos mClon en cursos anteriores.


Varias vistas do mClon Sumo