sábado, 15 de xuño de 2019

Preparación de robots mClon para a competición Labirinto


Os grupos formados por Marcos Villaverde, Antía Pereira e Ángel Iglesias e por Santiago Martínez, Sergio Barbeitos e Irene Teijeiro, estiveron preparando durante a 3ª avaliación 5 mClon para empregalos na competición de Labirinto do vindeiro curso.

Os pasos que realizaron foron:
  • Cambiar a configuración Segueliñas dos mClon pola necesaria para a competición Labirinto (sensor de ultrasóns á dereita e un único sensor de liña no frontal do robot).
  • Facer modificacións no programa Labirinto obtido na sección Resolver un Labirinto da páxina mClon.
  • Facer as probas co circuíto Labirinto utilizado na competición deste curso (2018-2019).
Proba inicial cos 5 mClon á vez nunha pequena sección de labirinto:
No seguinte vídeo pode observarse como os robots mClon son moi adecuados para este tipo de competición (dando mellores resultados que os robots Mbot Ranger).
(Nota: O circuíto está adaptado ao tamaño dos robots Mbot Ranger).