mércores, 25 de marzo de 2015

Proxecto activación e control con Arduino: Maqueta dun Tiovivo.

O noso proxecto consistíu na activación e control da maqueta dun Tiovivo, na que se debía controlar a correcta activación do motor de xiro do tiovivo, as luces e un bruador. A maqueta conta cun pulsador que permite contar as voltas (un final de carreira).
Na fotografía superior se pode ver a maqueta no seu conxunto.

Durante a realización desta práctica, introducimos un novo elemento á maqueta: Un pulsador de inicio da secuencia (pois ata agora a maqueta comezaba a funcionar ao conectarlle a corrente).

Secuencia a realizar pola maqueta: Unha vez activado o pulsador de inicio, a maqueta debe acender o motor, as luces (típicas de Nadal) e o bruador. Pasados 3 segundos debe apagar o bruador. Cando se levan dado 3 voltas, o bruador debe comezar a funcionar para avisar da próxima parada e, pasados 3 segundos, apaga o motor, as luces e o bruador.

No debuxo seguinte pode apreciarse o esquema de conexión dos diversos elementos necesarios para controlar a maqueta do noso proxecto:
Para a activación da maqueta, se necesitan 3 saídas dixitais de Arduino que activan outras tantas saídas da placa interface e a maqueta proporciona 2 sinais dixitais de entrada a Arduino (o contavoltas e o pulsador de inicio).

O programa de control en Arduino é o seguinte: Tiovivopulsador.pde

Práctica realizada por: Tamara, Nico e Sandra.

Proxecto activación e control con Arduino: Porta dun garaxe.

O noso proxecto consistíu na activación e control da maqueta dunha porta de garaxe, na que se debía controlar a correcta apertura e peche dun portal de garaxe en función de 4 pulsadores (finais de carreira) que indican: Apertura total da porta, peche total da porta, un coche quere saír e un coche quere entrar.
Para lograr a apertura e peche da porta, esta encóntrase unida a unha barra roscada que se move pola acción dun motor e un sistema de poleas-correas.

As condicións que deben cumprir a secuencia de programación son: O portal debe manterse, unha vez totalmente aberto, durante 5 segundos nesa posición antes de iniciar a secuencia de peche. Se algún coche quere entrar ou saír, durante a fase de peche, a porta debe volver a abrirse.

Na fotografía superior, se aprecian os finais de carreira e o sistema motriz.
No debuxo seguinte pode apreciarse o esquema de conexión dos diversos elementos necesarios para controlar a maqueta do noso proxecto:
  • Placa interface entre arduino e a maqueta.
  • Placa microcontroladora Arduino.
  • Cables de conexión.


Como se pode apreciar no esquema anterior, os pulsadores forman 3 entradas dixitais a Arduino (o pulsador de saída e de entrada os unimos) e 3 saídas dixitais de Arduino activan 3 saídas da placa interface (se necesitan 3 relés para realizar a inversión de xiro do motor).

O programa de control en Arduino é o seguinte: Portagaraxe.ino

Práctica realizada por: Ivo, Jessica e Andrea.

mércores, 18 de marzo de 2015

Proxecto activación e control con Arduino: Maqueta de cruce con 2 semáforos.

O noso proxecto consistíu na activación e control da maqueta dun cruce con 2 semáforos, na que se debía controlar a correcta sincronización do encendido dos leds verde, amarelo e vermello, que controlara adecuadamente o tránsito de vehículos.

Como se pode ver na fotografía superior, a maqueta conta cun cruce de 2 rúas e os dous semáforos, que necesitan de:
  • 6 cables que levan as sinais de saída da controladora (3V) que activan os 6 LED dos semáforos.
  • 1 Fonte de alimentación, necesaria para proporcionar aos LEDs os 3V.
  • 1 placa microcontroladora Arduino, que contén o programa de control da maqueta e foi programada anterioremente desde un ordenador, conectándoo polo porto USB.
  • 6 cables que conectan as saídas de Arduino (5V) coas entradas da controladora.


No debuxo seguinte pode apreciarse o esquema de conexión dos diversos elementos necesarios para controlar a maqueta do noso proxecto:
O programa de control en Arduino é o seguinte: Semaforo.pde.

Práctica realizada por: Roi, Ernesto e Rocío.

martes, 3 de marzo de 2015

Control e robótica

Vista da placa interface con Arduino (Versión 2015)

Durante a 2ª avaliación, se levan a cabo os proxectos de control e robótica, que consisten en usar a placa microcontroladora Arduino en combinación coa placa interface para activar unha maqueta.

Cada grupo debe realizar o proxecto de automatización e control dunha maqueta da súa elección, entre 3 dadas.

As maquetas seleccionadas por cada grupo foron:

Grupo 1: Activación de 2 Semáforos dun cruce. Formado por:
  • Rocío Correa
  • Ernesto Fraguas
  • Rodrigo Torres

Grupo 2: Activación dun Tiovivo. Formado por:
  • Sandra García
  • Tamara López
  • Nicolás Ogando

Grupo 3: Activación dunha Porta de garaxe. Formado por:
  • Jessica Cortizo
  • Andrea Valentina Mijares
  • Ivo Varela

En próximas entradas cada grupo describirá a montaxe realizada e a secuencia programada para cada maqueta.

Como información de interese, podedes descargar os seguintes documentos PDF:

Tamén pode ser de interese, para coñecer máis a fondo a placa microcontroladora Arduino, a visualización do seguinte documental: