Durante a 3ª avaliación, na materia de Tecnoloxía de 4º Diversificación, cambiamos o Taller de Tecnoloxía pola Aula de Informática para traballar os contidos de Programación.
Ademais dunha pequena introdución á Programación, dedicaremos este trimestre á Programación de dispositivos Android cunha aplicación gratuíta aportada polo MIT, App Inventor.
Esta é unha aplicación, que con escasos coñecementos de programación, permite crear Apps para dispositivos Android desde un navegador Web e probalas nun emulador antes de descargalas no teu dispositivo.
Ten un uso moi sinxelo, ideal para introducirse na programación. Basease nunha linguaxe visual con bloques a xeito de pezas dun puzzle que encaixan unhas nas outras e de uso intuitivo.

Imaxe: O Bloque azul asocia un son á acción "click" do rato sobre o obxecto Botón1.