mércores, 17 de novembro de 2010

Construción dunha porta de garaxe (Parte 1)

Este curso, en Tecnoloxía, estamos a traballar a Electrónica dixital, e ao noso grupo tocounos, como primeiro proxecto, construír a porta de garaxe que deberá ser controlada polo circuíto dixital que deseñaremos, probaremos no programa simuladordixital095 e testearemos no adestrador dixital que está elaborando o outro grupo.
A nosa misión é construír unha porta de garaxe con 3 interruptores de activación (finais de carreira) seguindo as indicacións do exercicio obtido do curso Platega (Referencia: X0904019) sobre Electrónica Dixital ao que asistiu o profesor durante o ano 2009. De seguido móstrase unha imaxe cun resumo das condicións iniciais que debe cumprir a porta de garaxe (pinchar nela para vela máis grande):

A primeira decisión que tomamos foi sobre o sistema de apertura e peche que debería levar o noso proxecto e o seu tamaño. Buscando en Internet diferentes opcións para mover a porta, atopamos unha que nos gustou  nun vídeo (preme no enlace para ver o vídeo) en YouTube subido por Pedro Jara (premendo no enlace anterior podedes acceder á súa canle en YouTube), así que decidimos adoptala.
Recompilación de material:
No almacén da aula-taller recollimos todo o material que necesitamos para este proxecto, en próximas entradas faremos un inventario completo.
Continuará...

Traballo realizado por: Gloria e Iván.