luns, 22 de novembro de 2010

Construción do Adestrador Dixital (Parte 2)


... seguimos a comentar o proceso de construción do adestrador dixital.
Despois de facer os furados na bandexa, fomos colocando os compoñentes nos seus respectivos lugares asegurándoos con cola branca cando foi necesario. Na imaxe seguinte pode verse a vista inferior da bandexa onde se aprecian as patiñas de cada compoñente:
                                                                  
E nesta outra imaxe pode observarse a vista superior da bandexa, cos compoñentes xa na súa posición definitiva (só faltan os conectores) e aínda sen colocar a placa protoboard:          

Puxemos unha regreta de conexión para poñer os cables de alimentación (que extraeremos dunha das mesas de electricidade do taller), levando o cable vermello (5 V) ata o interruptor do adestrador dixital que conta cun LED vermello e unha resistencia de 560 ohmios en serie  antes de unilos á masa (cable negro).
Na imaxe seguinte, poden verse tamén as soldaduras dos interruptores que levarán os 5 V ata os conectores unidos a cada un deles cando se poñan en ON.



Segundo vamos facendo as soldaduras de cada compoñente, imos comprobando a súa correcta realización co polímetro (mirando a continuidade en cada conexión).
Na imaxe seguinte se aprecia como fumos avanzando no proceso de soldadura dos pulsadores.
Nesta fase de soldadura dos compoñentes, falta aínda o máis complicado, a soldadura de cada un dos LED coa correspondente resistencia en serie e, sobre todo, a conexión dos displays de 7 segmentos, pero isto o mostraremos nunha próxima entrada.
Continuará...

Traballo realizado por: Fanny, Dani e María.