venres, 22 de xaneiro de 2010

Triangulo de Pascal

Desta volta tocounos facer o traballo sobre o triángulo de Pascal.
Blaise Pascal (1623-1662) filósofo, físico e matemático frances naceu en Clermont-Ferrand (Francia) e morreu en Paris.
En 1653 publicou o "Tratado do triángulo aritmético" (tamén chamado triángulo de Pascal ou triángulo de Tartaglia).
Para construír o triángulo de Pascal comezamos poñendo na parte superior un 1 e as seguintes filas se forman sumando os 2 números que están na fila superior, comezando e rematando a fila cun 1.
Este triángulo ten aplicacións moi interesantes en cálculo de probabilidades pero tamén moitas curiosidades derivadas da súa construción, así atopamos que tras unha primeira diagonal cuberta de uns (en ambos extremos), atopamos nunha segunda diagonal os numeros enteiros, nunha terceira os numeros triangulares e nunha cuarta os numeros tetraédricos.
Se coloreamos de forma diferente os números pares dos impares aparecen imaxes fractais denominadas triángulo de Sierpinski que teñen formas similares á que se mostra a continuación:
Podes acceder a unha boa páxina sobre as matemáticas cun artigo moi entretido sobre o Triángulo de Pascal, premendo no seguinte enlace: Disfruta las matemáticas: Triángulo de Pascal.

Traballo realizado por: Dani e Iván.