martes, 19 de xaneiro de 2010

Construción dun Disco de Nipkow

O noso proxecto de Tecnoloxía durante a 1ª avaliación foi a construción dunha maqueta dun disco de Nipkow. Un disco de Nipkow foi un dispositivo utilizado nas primeiras televisións (aínda na década de 1920), para obter unha mostra de imaxe a emitir. Era un método de captar a imaxe puramente mecánico, cando aínda non se utilizaban os circuítos electrónicos para facer a composición da imaxe de televisión, nunha entrada posterior contaremos a historia do Disco de Nipkow.

Na parte superior desta entrada pódese ver unha imaxe do noso disco de Nipkow xa rematado, e a continuación unha imaxe do disco en plena fase de construción:
A memoria que elaboramos para a construción da nosa maqueta do disco de Nipkow, en formato PDF se pode baixar premendo no seguinte enlace: Memoria disco Nipkow.pdf
Os planos que realizamos para a súa fabricación, poden baixarse no documento PDF seguinte: Planos disco Nipkow.pdf

Ademais, poñemos un vídeo de como se ven as imaxes a través da nosa maqueta do disco de Nipkow. Poden apreciarse unhas bandas oscuras que oscilan desde a parte inferior ata a parte superior da fiestra de observación a maior ou menor velocidade segundo a velocidade de xiro do disco, que regulamos coa tensión que suministra a fonte de alimentación ó motor de corrente contínua que leva a nosa maqueta.
Esperamos que vos gustara o noso traballo e que vos animedes a construír a vosa maqueta.

Traballo realizado por: Fanny e Iván.