martes, 24 de marzo de 2009

Prácticas coa placa controladora por porto paralelo do PC.


O noso grupo (Alex, Nélida e Diego) foi o encargado de realizar as prácticas coa placa controladora por porto paralelo do PC que xa fixeron fai varios anos no nosoTaller. O profesor encargounos primeiro ir comprobando os proxectos que xa estaban feitos e que por diversos motivos xa non funcionaban correctamente como o Tiovivo ou o Semáforo. A continuación puxémonos cun proxecto propio este ano xunto ao grupo que traballo de Arduino, a activación dun motor paso a paso modelo NMB PM42S-048-YTB3. Un resumo do traballo que fixemos durante este trimestre está recollido na memoria de prácticas coa controladora, o resultado da práctica co motor paso a paso está nunha entrada anterior deste blog.

Traballo realizado por: Alex, Diego e Nélida.