luns, 23 de marzo de 2009

Prácticas co brazo robot S300114 de SuperRobotica


O noso grupo (Rober, Adry e Amy) foi o encargado de realizar as prácticas co brazo robot de SuperRobotica. O brazo robot levaba dous anos no taller e desde o curso anterior non funcionaba ben. Os problemas parecían ser de cables desoldados, así que o noso primeiro cometido foi buscar os problemas e ilos solucionando. Unha vez que arranxamos eses pequenos problemas, empezamos a traballar coa conexión desde o ordenador e o programa que manexa o brazo robot (“VisualSC2.exe”). Agora mesmo estamos programando as secuencias de movemento do brazo robot e esperamos poñer un vídeo sobre o tema. A continuación poñemos un enlace á memoria de prácticas "Brazo robot.pdf".

Traballo realizado por: Rober, Adri e Amanda.