Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego, celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 15 de xaneiro de 2019.
Monitoras:
- Ainara Casado.
- Zaira Cortizo.
- Antía Pereira.
- Irene Teijeiro.
O traballo consistiu na realización de pirámides holográficas para diversos dispositivos (móbiles, táblets e TV plana), obtención en internet de diversos vídeos para reproducir coas pirámides holográficas e explicar o seu fundamento.
Podes consultar un resumo do traballo presentado no seguinte documento: Fundamentos da Pirámide holográfica.pdf.
Entre as pirámides realizadas, destacar a usada para unha TV plana de 26" (ver no pdf a ligazón onde obtivemos as súas dimensións), elaborada en plástico de 2 mm de grosor.