venres, 2 de decembro de 2016

Picuino + Arduino

Detalle dos cables de conexión por I2C entre Picuino e Arduino
Imaxe obtida da páxina de Picuino
A nosa 2ª práctica con Arduino, consistiu en buscar a información necesaria para poder traballar coa placa Picuino PC42 conectada a unha placa microcontroladora Arduino.

Dedicamos unha sesión a buscar información en internet, atopando a estupenda páxina de Picuino, cun apartado dedicado á placa Picuino PC42, onde atoparedes toda a información necesaria para a utilización de picuino con arduino, explicación dos sensores e actuadores contidos na placa, programas de exemplo para Arduino, etc.

Picuino é unha placa que contén seis leds (1 deles é RGB), seis pulsadores, un buzzer, e un módulo con 4 displays de sete segmentos.

Conectámolo a Arduino Uno (ver imaxe superior), usando o protocolo I2C.


E descargamos a biblioteca (library) PC42 que debemos instalar no IDE Arduino.

Pareceunos realmente fácil, pois se subministran exemplos de programas para interactuar cos LED, pulsadores, buzzer e display de 7 segmentos que se poden modificar sen moito traballo.

Práctica realizada por: José, David e Aida.