sábado, 4 de abril de 2015

Introdución a App Inventor 2 (I)

Os contidos relativos a Informática na materia de Tecnoloxías de 4º de ESO, están orientados á programación con App Inventor 2.

Esta plataforma de programación de dispositivos móbiles Android, denominada App Inventor 2 é accesible "on-line" desde a páxina do MIT: App Inventor 2

Permite, dun xeito sinxelo, introducirse na programación baseándose nun entorno similar a "Scratch", isto permite comezar a programar sen ter que coñecer a sintaxe das linguaxes de programación tradicionais (C, Pascal, Java, Processing, etc).

A programación se divide en 2 partes: Deseño visual da aplicación e bloques de programación.

A programación por bloques é moi intuitiva e permite introducirse sinxelamente no mundo da programación.

Este pequeno curso introdutorio consistirá na creación de varios programas, seguindo unha guias contidas en arquivos PDF aos que se lles engaden os arquivos multimedia necesarios:

1º programa: 
Este primeiro programa explícase no seguinte documento en formato PDF: Primeiro programa (Látego).pdf.

Para o correcto desenvolvemento desta práctica, necesitarás os seguintes arquivos: latego1.png, latego2.jpeg, latego.mp3.

No seguinte documento pdf, se recollen os trocos elaborados durante as sesións de clase no programa látego, así como a resolución dos exercicios propostos: Resolución exercicio primeiro programa.pdf.

Para rematar con esta primeira práctica, cada grupo creou unha App modificando diversos aspectos deste 1º programa.