Ás figuras de Chladni descubriunas o físico alemán Ernest Forest Friedrich Chladni, ao darse conta de que sobre unha chapa metálica na que botara previamente area, ao frotar cun arco de violín producía unha vibración que provocaba que a area se distribuíse en diversas figuras na placa en función da frecuencia do son producido, sendo estas figuras as resultantes dunha onda estacionaria na superficie da placa.
Buscamos en internet diversas formas de facer isto, intentamos repetir o experimento orixinal pero non obtivemos resultado debido á gordura da placa metálica utilizada, e finalmente decidímonos por utilizar un tambor que vibrara por efecto dun altofalante.
Utilizamos sal coloreada con tiza azul para que resaltase sobre a superficie branca do parche do tambor e puxemos unha minicadea debaixo do tambor conectado a un xerador de ondas.
A determinadas frecuencias producíronse diversos patróns resoantes debido á aparición de ondas estacionarias no parche do tambor. A menores frecuencias as figuras foron máis simples e de maior tamaño e segundo aumentamos a frecuencia as figuras aumentaron en número e se reduciron en tamaño.
Figura: Patrón producido a frecuencias baixas.
Co motivo do día da Ciencia en galego ao noso grupo (formado por Ernesto, Nicolás, Sandra, Rocío e Valentina) tocounos facer un experimento que mostrase as figuras de Chladni.Buscamos en internet diversas formas de facer isto, intentamos repetir o experimento orixinal pero non obtivemos resultado debido á gordura da placa metálica utilizada, e finalmente decidímonos por utilizar un tambor que vibrara por efecto dun altofalante.