En Tecnoloxía de 4º Diversificación estivemos, durante esta 1ª avaliación, repasando os contidos de electrónica analóxica.
No que resta de avaliación imos a realizar os primeiros proxectos do curso, esperando que non nos leven demasiado tempo. Durante a 2ª avaliación faremos proxectos de robótica, traballando fundamentalmente coa placa Arduino e na 3ª avaliación (xa na aula de informática) programaremos móbiles Android con Google App Inventor.
Pero centrándonos no traballo que realizaremos durante esta 1ª avaliación, a selección de proxectos e grupos foi a seguinte:
- Dani e Andrea: Xerador de Van der Graaf, collendo como referencia o kit de Opitec nº 113.185.
- Katy e Estefy: Anemómetro portátil electrónico, collendo como referencia o kit de Opitec nº 108.971.
- Susana: Pseudoscopio, collendo como referencia o kit nº 806422 de Astromedia (páxina de Opitec) e Altofalante de cartón.
En vindeiras entradas cada grupo porá neste blogue a información que vaia recompilando en internet, así como a memoria de construción, fotografías e vídeos sobre os seus proxectos.