xoves, 6 de outubro de 2011

Comparativa entre sistemas de numeración

Nesta entrada fixen unha clasificación dos sistemas de numeración que vimos  na clase, destacando as súas características principais e poñendo un exemplo de cada un.
Este traballo fíxeno coa folla de cálculo Calc, creando unha táboa que convertín en imaxe, para de seguido, incorporarlle as imaxes para as cifras obtidas de Google imaxes e incorporándoas coa axuda do programa Paint.
Dos sistemas mostrados na táboa anterior, só o sistema Babilónico e o Maia son sistemas posicionais (como o noso sistema decimal). Para aclarar como se poden calcular as cifras nestes 2 sistemas vou a poñer un novo exemplo no sistema de numeración Maia:
Para formar un número calquera no sistema Maia, neste caso o 5222, hai que seguir o seguinte esquema:

  • Se o número só chega ata 19 só se utiliza o primeiro recadro.
  • Se o número só chega ata 399 só se utilizan o primeiro e o segundo recadro.
  • Se o número é superior a 400 utilízase o primeiro, segundo e terceiro recadro.

Para formar o 5222 no sistema Maia, primeiro debemos saber que cifra poñer na casiña con peso 400 (é dicir, cantos 400 hai nese número): O resultado da división enteira 5222 / 400 = 13 dando de resto 22.


De seguido, debemos calcular a cifra que irá na casiña de peso 20 (é dicir, hai que buscar cantos 20 ten): O resultado da división enteira 22 / 20 = 1; dando de resto 2.

Finalmente, sabemos que na casiña das unidades debemos poñer a cifra correspondente ó 2.

O proceso en conxunto queda así: 13 x 400 = 5200 ; 1 x 20 = 20 ; 2 x 1=2

E finalmente 5200 + 20 + 2 = 5222.

Traballo realizado por: Dani.