luns, 13 de decembro de 2010

Construción dunha porta de garaxe (Parte 3)

...seguimos coa construción da porta de garaxe:
Nun dos laterais do garaxe fixemos un burato cunha coroa circular de 20 mm de diámetro, no que insertamos o motor coa axuda de cinta de carroceiro para axustalo.
O motor transmitirá o movemento á barra roscada mediante un sistema de polea-correa (polea motriz de 6 mm e polea receptora de 30 mm de diámetro), dando unha relación de transmisión de 1/5 (redución da velocidade do motor nun factor de 5).
Pegamos con cola branca unha guía de plástico para que a porta non se levante ó xirar a barra roscada.
Situamos 2 finais de carreira que indicarán, coa súa activación, a apertura e peche totais da porta e outros 2 finais de carreira (que uniremos entre si), que simularán a petición de apertura da porta desde o exterior ou o interior da porta.
 Vista frontal da porta de garaxe (ver detalle: Motor e interruptores).

 
Vista posterior da porta de garaxe (ver detalle: interruptor apertura porta).

Por último, colocamos unhas clemas para os contactos eléctricos da porta de garaxe (para o motor e para os 4 interruptores finais de carreira), con isto damos por rematado o proxecto de construción da porta de garaxe, pois xa está lista para utilizala co circuíto de control dixital que se teremos que desenrolar.
Traballo realizado por: Gloria e Iván.