luns, 23 de novembro de 2009

Experimento dos hemisferios de Magdeburgo


Dentro do tema de Ciencias, no que estamos agora (Aire e atmosfera), tocoume investigar sobre o experimento de Otto von Guericke coñecido como o experimento dos hemisferios de Magdeburgo, no que demostrou que o aire pesa.

Otto von Guericke foi un físico alemán coñecido por ser o inventor da máquina pneumática (Magdeburgo, 20 de novembro de 1602- Hamburgo, 21 de maio de 1686).

O experimento dos Hemisferios de Magdeburgo consistiu en xuntar dúas bóvedas metálicas ocas, duns 500 litros de capacidade, de forma hemisférica. Do seu interior extraeuse o aire cunha máquina pneumática, provocando o baleiro. Entón, sobre os hemisferios só actúa a presión atmosférica exterior, xa que ao extraer o aire non hai presión no interior. Se a superficie dos hemisferios é suficientemente grande, necesítase unha forza bastante considerable para lograr separalos, de feito, os dezaseis cabalos que utilizou Guericke para o seu experimento non foron capaces de separalos.
Cando, mediante unha válvula se lle insuflou aire novamente á esfera, puido ser separada en dúas metades sen dificultades.

Traballo realizado por: Gloria.