mércores, 10 de xuño de 2009

Estatística

Estamos acabando (¡por fin!) as clases e para rematar cos contidos de matemáticas estamos agora en Estatística. O profesor nos preguntou que opinabamos sobre se a data dos nacemento (o mes para ser concretos) é aleatoria (ocurre por igual en calquera mes do ano) ou segue algún tipo de pauta (hai máis nacementos nalgúns meses determinados). A nosa resposta foi variada pero, en principio, fomos partidarios de que non debería haber ningún mes que se distinguira dos demais polo número de nacementos. Foi nese momento en que nos explicou que a resposta a esta pregunta e a outras similares podía dárnosla a estatística.
Comezamos facendo un estudo estatístico da variable mes de nacemento contando só cos datos dos 8 alumnos que estamos este curso en 4º diversificación. Puidemos ver que era unha cantidade de datos moi pequena, e dicir, unha poboación (número de suxeitos nos que se basea o estudio) moi pequena.
A continuación proporcionounos un listado coas datas de nacemento dos alumnos matriculados durante este curso no IES, o cal nos deu unha poboación de 157 alumnos. O diagrama de barras resultante o mostramos a continuación:
Neste momento explicounos que seguiamos a ter unha poboación bastante pequena e que necesitabamos máis datos para sacar algunha conclusión. Para o cal nos pediu que entraramos nunha páxina de datos estatísticos da Comunidade de Murcia (en concreto de datas de nacemento do ano 1976), a partir da cal obtivemos a seguinte gráfica:
Cunha poboación total de 19649 persoas os datos xa son máis relevantes, pero o profesor agora nos pediu entrar nunha páxina de datos estatísticos da Comunidade de Madrid na que se mostran os nacementos por mes entre os anos 1986 e 2007 ofrecéndonos unha poboación total de 1.233.184 persoas. Neste caso decidimos facer unha gráfica de liñas (unha liña por ano e unha máis que indicara o valor medio de tódolos anos), a gráfica quedou así:

Desta gráfica, o profesor animounos a sacar algunhas conclusións:
Aínda que o número de nacementos por meses non presenta variacións moi grandes, o mes de febreiro mostra un menor número de nacementos (na gráfica cos datos de Murcia tamén se aprecia esta tendencia) e o mes con maior número de nacementos é maio.
Se retrocedemos 9 meses isto parece indicar que o mes co menor número de concepcións é maio e o que maior número o mes de agosto.

A continuación, aproveitando que as estatísticas sobre a Comunidade de Madrid tamén indicaban os nacementos por día, o profesor nos mostrou que de xeito similar podiamos responder á pregunta de se hai algúns días da semana en que nacen máis nenos e outros en que nacen menos, a continuación poñemos a gráfica que obtivemos tratando os datos na folla de cálculo:

E sorprendentemente para nós, hai menos nacementos durante o fin de semana, manténdose o resto dos días moi parellos, aínda que se pode observar que o martes é o día da semana con máis nacementos.

Con isto rematamos este traballo sobre estatística que nos pareceu moi interesante e, por momentos, sorprendente.

Traballo realizado por: Alex, Vero, Rober, Nélida, Adri, Diego, J. Antonio e Amanda.