mércores, 22 de outubro de 2008

ANÁLISE DE APARELLOS: LÁMPADA.

NOME DO APARELLO.
En Galego: Lámpada.
En Castelán: Lámpara.
En Inglés: Lamp.
En Francés: Lámp.

Aínda que se coñecen erroneamente por lámpadas, deberían chamarse Luminarias. Lámpada fai referencia ó que se coñece como bombilla. Sendo a Luminaria o soporte da bombilla.

DESCRICIÓN DO APARELLO.
Orixe:
O invento da lámpada eléctrica foi atribuído habitualmente a Thomas Alva Edison, quen contribuíu ao seu desenvolvemento producindo, o 21 de outubro de 1879, unha lámpada práctica e viable, que luciu durante 48 horas ininterrompidas. Sen embargo, Heinrich Göbel construíu no ano 1854 o que moitos consideran a primeira lámpada, introducindo un filamento de bambú carbonizado dentro dun bulbo de vidro no que fixera o baleiro para evitar a oxidación. Continuou co desenvolvemento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas. Non solicitou unha patente inmediatamente, pero en 1893 (o mesmo ano do seu falecemento) foi admitido o seu invento como anterior ao de Edison.

Función principal:
Unha lámpada incandescente é un dispositivo que produce luz mediante o arrequecemento por efecto Joule dun filamento metálico, ata poñelo ó roxo branco, mediante o paso de corrente eléctrica. Son moi ineficientes xa que o 90% da electricidade que utilizan transfórmana en calor.

Compoñentes ou partes:
Casquillo, corpo da luminaria (6 compoñentes e 1 parafuso interior oco), cable eléctrico de 2 fíos, interruptor e enchufe.

OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
A luminaria desmóntase desenroscando cada unha dás súas partes como se de parafusos se tratasen. O primeiro paso é desenroscar o casquillo, para a continuación liberar os cables dos seus puntos de conexión co casquillo (mediante 2 parafusos). A continuación desenroscamos as diversas partes do corpo da luminaria (no noso caso seis compoñente que se unen a un parafuso oco) e sacamos o cable.


Para volver a montar a luminaria, realizamos o proceso inverso.

PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
A luminaria funcionaba correctamente e só a desmontamos para coñecer o proceso de montaxe e desmontaxe e as súas diferentes partes.
Durante o proceso de desmontaxe caeunos o casquillo ó chan, perdendo parte do seu recubrimento cerámico, pero isto non provocou un maior problema no seu funcionamento, aínda que si na seguridade do seu uso en oportunidades posteriores.

Traballo realizado por: Alex, Rober e Nélida.