sábado, 17 de novembro de 2007

Proxecto máquina de Leonardo

O noso proxecto de Taller (de Diego, Rober e Vero) consiste na realización dun sistema de engrenaxes baseado nun deseño orixinal de Leonardo da Vinci.

Fotos do proceso de construción:



Estamos xa case na metade do proxecto, aínda nos faltan por poñer a maior parte dos engrenaxes, a manivela e toda a estrutura que as manterán suxeitas. As pezas teñen que estar a medida, como xa pon arriba, estamos realizando un proxecto de Leonardo, o misterioso e polifacético xenio do Renacemento, que naceu nunha casa sinxela a moi pouca distancia do pobo de Vinci, entre Empoli e Pistoia na rexión da Toscana, no norte de Italia. TODO UN XENIO.

2ª Foto:

Para que podades apreciar ben o proxecto xa rematado, poñermos a continuación un vídeo no que se poden apreciar os seus engrenaxes en movemento, esperamos que vos guste.


Traballo realizado por: Diego, Vero e Rober.