venres, 16 de agosto de 2024

Orientacións e directrices ABAU para a materia TeE II.



Se premes na imaxe ou na seguinte ligazón, poderás acceder á páxina sobre a materia de Enxeñería e Tecnoloxía II nas ABAU.

Nesta páxina dispós de exemplos de problemas e exames, ademais de orientacións e exposición dos contidos fundamentais da materia.

Ademais, nesta entrada irei poñendo ligazóns aos diversos exames das ABAU (comezando polos do curso 23-24):

Os contidos necesarios para resolver satisfactoriamente o exame das ABAU da materia de TeE II son os seguintes:

  1. Materiais: Ensaios de materiais (de dureza, tracción e resiliencia).
  2. Estruturas: Cálculos en armaduras e vigas.
  3. Máquinas térmicas e motores: Motores (características, potencia e rendementos) e máquinas térmicas (Ciclo de Carnot, rendemento, calor e traballo realizados).
  4. Pneumática e Hidráulica: Pneumática (cálculos en cilindros e interpretación de circuítos) e Hidráulica (Cálculos Principio de Pascal, Bernouilli, etc).
  5. Corrente alterna: Circuítos RLC serie e paralelo e cálculo de potencias.
  6. Lóxica dixital: Conversión sistemas de numeración, deseño sistemas combinacionais, interpretación circuítos secuencias (biestables).
  7. Sistemas de regulación e control: Interpretación de sistemas de control, simplificación función de transferencia e determinación da estabilidade do sistema.

Estes serán os contidos centrais das materias de TeE I e TeE II, tendo sempre como obxectivo a mellor preparación posible dun exame tipo desta materia na ABAU.