luns, 14 de marzo de 2011

ORIGEN (inception)


Vimos esta película nas clases de Ámbito Científico, pois cada certo tempo facemos un pequeno descanso de tanta materia dada e o profesor suxeriunos facer no noso blogue unha entrada sobre esta película.

Sinopse e opinión persoal sobre a película:
Origen é unha película na que os personaxes principais están entrenados para meterse nos soños das persoas e manipulalos ó seu antollo, pódenlle extraer as ideas, manipulalas ou crealas. Para todo isto, necesitan a un arquitecto/a que constrúa os escenarios dos soños como se fosen labirintos onde poder entrar exactamente no punto da mente, da persoa que queres.
Case todos os personaxes teñen un tottem, que é como un amuleto para non perder a razón ó non saber se están nun soño ou na realidade.
A película está chea de diferentes emocións: intriga, amor, dor, ...

O director:
Christopher Nolan. Paréceme un director moi creativo e imaxinativo, sendo responsable tamén dos guións das súas propias películas. Outra cinta del ,que ten tamén un guión moi imaxinativo, é Memento.

Os actores:
Na páxina de Cineyalgomas pódese atopar unha información moi extensa sobre os personaxes desta película e os actores que os interpretan, pero de xeito resumido os actores que participaron neste filme foron:
Leonardo DiCaprio, Cobb. É o protagonista principal.
Marion Cotillard, Mal: A muller de Cobb.
Ken Watanabe, Saito.
Joseph Gordon-Levitt, Arthur.
Ellen Page, Ariadne.
Pete Postlethwaite, Maurice.
Michael Caine, Miles.
Tom Hardy, Eames.
Dileep Rao, Yufus.
Cillian Murphy, Fisher.

Onde se pode atopar máis información sobre a película:
A reseña da película na web de Filmaffinity.
A entrada na web Zonafandom sobre a película, na que se dan ata 6 posibles interpretacións da historia.

Traballo realizado por: Fanny e Gloria.