sábado, 26 de marzo de 2011

Crean baterías que se cargan rapidamente, gracias a una nanoestructura 3D

Na foto superior: Os responsables da investigación, Paul Braun, no centro, xunto ós seus colaboradores Xindi Yu (esquerda) e Huigang Zhang (Fonte: Universidade de Illinois).
Como en cursos anteriores, estamos a seleccionar as noticias que nos parecen máis interesantes da páxina web de Tendencias 21 (que recomendamos como visita habitual). Trátase de que cada un de nós decida cal é a noticia que lle pareceu máis interesante e porqué.

Eu seleccionei esta noticia cuxo estracto orixinal poño a continuación:
"Este desarrollo permitirá fabricar ordenadores portátiles, teléfonos y vehículos eléctricos que se recarguen en cuestión de minutos.
Científicos estadounidenses han desarrollado una nanoestructura tridimensional para baterías, que permite que éstas se carguen muy rápidamente, en tan solo unos minutos. El sistema sirve para cualquier tipo de baterías y se puede aplicar en fabricaciones a escala industrial. Esta minúscula solución servirá para reducir drásticamente el tiempo de recarga de las baterías de los vehículos eléctricos, y también para la fabricación de teléfonos u ordenadores portátiles que se carguen casi instantáneamente." Por Yaiza Martínez.
Premendo no seguinte enlace, baterías que se cargan rapidamente, pódese acceder á noticia íntegra.

Comentario:
Pareceume de grande interese esta noticia porque un avance na rapidez de carga e descarga nas baterías podería permitir o seu uso xeralizado, tanto para coches eléctricos con grande autonomía de desprazamento, como para tódolos dispositivos electrónicos portátiles.
Lendo o artículo parece que o avance se produce logrando construír, gracias á nanotecnoloxía, condensadores de moita maior capacidade que os actuais e posto que os condensadores, ó contrario que as baterías, poden producir cargas e descargas en moi pouco tempo, se lograrían así dispositivos de almacenamento de carga moito máis rápidos que os actuais.

Estou convencido de que a mellora dos sistemas de almacenamento de enerxía é a revolución inicial que se necesita para darlle o pulo definitivo ós sistemas de enerxías alternativas (solar, etc) descentralizados, onde cada unidade familiar podería xerar e almacenar boa parte da enerxía que necesita. Pois hai que ter en conta que, actualmente, o máis caro nun sistema solar é o de almacenamento de enerxía.