sábado, 4 de xuño de 2022

Control dunha porta de garaxe con FPGA

Detalle do circuíto de control realizado en Icestudio
Nesta práctica, realizamos o control dunha porta de garaxe utilizando as ferramentas da Electrónica dixital.

En prácticas anteriores tiñamos realizado o control programando unha placa Arduino, pero neste caso estamos a usar unha placa FPGA, a Icezum Alhambra II de Alhambrabits.

Pero antes tivemos que ver os fundamentos da alxebra de Boole, das funcións lóxicas e como expresalas na súa forma alxébrica e con táboas de verdade.

Tamén vimos as portas lóxicas e realizamos prácticas de realización de circuítos electrónicos sinxelos utilizando integrados con portas lóxicas. Primeiro simulándoos con TinkerCAD Circuits e despois montándoos nun entrenador dixital con integrados reais.

Para reducir a complexidade do cableado decidimos utilizar a placa FPGA e programar nela os circuítos electrónicos coa axuda do programa Icestudio desenrolado polo equipo FPGAWars.

Partindo da definición do problema que queriamos resolver e unha vez obtidas as táboas de verdade, realizamos as simplificacións mediante diagramas de Karnaugh e obtivemos as funcións de saída que caracterizaban ao noso circuíto de control.

Implementamos o circuíto de control co programa Icestudio para poder cargalo na memoria da Icezum Alhambra II, o programa realizado se pode descargar na seguinte ligazón: control porta garaxe final.ice.

Un resumo da práctica realizada está no seguinte pdf: Control porta de garaxe con FPGA.

Vídeo onde se mostra o resultado final da práctica.