sábado, 16 de xuño de 2018

Estudio do funcionamento dos Mbot Ranger no modo Segueliñas


Dentro dos contidos de robótica da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO, o grupo formado por Santiago Martínez e Jonathan Canabal realizaron medicións e probas cos robots Mbot Ranger cos que contamos no taller de Tecnoloxía.

O obxectivo destas probas era determinar as variacións no funcionamento entre cada robot e probar diferentes programas e formas de comunicación entre o robot e o aplicativo Mblock, de cara as competicións Segueliñas.

As medicións realizadas foron recompiladas nunha folla de cálculo e as conclusións foron recollidas no documento: "Probas e conclusións sobre Segueliñas.pdf".

Os programas utilizados para as probas foron:
Conclusións obtidas:
  • Para a competición se debe utilizar o robot co programa almacenado (Modo Auriga) pois da resultados moito mellores que usalo coa conexión Bluetooth.
  • O programa Segueliñas_básico obtén os seus mellores resultados cunha velocidade de 40, pero pode chegar a usarse ata 55.
  • O programa Segueliñas3 obtén os seus mellores resultados cunha velocidade de 50, pero pode chegar a usarse ata 65.
  • Modificacións en algún parámetro do programa Segueliñas3, permiten que obteña os mellores resultados nunha velocidade próxima a 60 (Ver o documento resumo).

Polo tanto, recomendamos o uso dos robot Mbot Ranger no Modo Arduino, co programa Segueliñas3.