xoves, 1 de febreiro de 2018

Día da Ciencia en Galego: Litofanías. 4º ESO. Curso 2017-2018.

Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia en Galego, celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 16 de xaneiro de 2018.

Monitores:
  • Adriana Perdomo.
  • Aida Miranda.
  • Álvaro Varela.
  • Uxía Rodríguez.
  • Ariadna Parra.

O traballo consistiu en explicar que son as Litofanías e presentar diversas aplicacións realizadas con elas.
Podes consultar un resumo do traballo presentado no seguinte documentos: As Litofanías.pdf.

As actividades foron elaboradas nas clases de Plástica da profesora Alicia Suárez e no Taller de Tecnoloxía.

A impresión das Litofanías se realizou con unha impresora Legio 3D en PLA de cor branca, seguindo as instruccións da páxina web: Blog BilbaoMakers.
  • A modificación da fotografía de cor a escala de grises e posteriormente a negativo se realizou co programa Gimp.
  • A conversión da imaxe en formato .jpeg ao formato .stl para traballo con programas de debuxo e modelado en 3D, se realizou na páxina web: Image to Lithophane.
  • A conversión do formato .stl a .gcode (utilizado pola impresora 3D), se realizou con Repetier e Slicer.
Actividades realizadas:
  • Uso de litofanías para a realización de gravados (Plástica).
  • Iluminación dunha Litofanía de Chano Piñeiro seguindo a música.

  • Realización dunha lámpada cunha pantalla de 4 Litofanías.
  Detalle lámpada con Litofanías das monitoras

Vídeo da lámpada