domingo, 10 de abril de 2016

Control con Arduino: Porta dun garaxe

 Vista dos elementos novos na porta do garaxe (respecto a cursos anteriores).
O noso proxecto consistíu en realizar a activación e control dunha das maquetas das que dispoñemos no Taller, en concreto, a maqueta dunha porta de garaxe, realizando varias modificacións nela.
Substitución dos pulsadores de entrada-saída do garaxe (realizados con finais de carreira) por un sensor de infravermellos.
Colocación dun Díodo LED que avise da apertura da porta do garaxe.
O resto da maqueta o deixamos como estaba, pero tivemos que realizar algún pequeno mantemento no circuíto de apertura e peche da porta.

As condicións que debe cumprir a secuencia de programación son: Ao detectarse un obxecto co sensor de infravermellos, debe comezar o proceso de apertura, o LED debe acenderse parpadeando durante todo o proceso de apertura e peche, o portal debe manterse, unha vez totalmente aberto, durante 5 segundos nesa posición antes de iniciar a secuencia de peche. Se algún coche quere entrar ou saír, durante a fase de peche, a porta debe volver a abrirse.
Esquema eléctrico do montaxe:
Vídeo ilustrativo do funcionamento da maqueta da porta do garaxe:


Práctica realizada por: Xacobe, Alex e Cristian.