sábado, 11 de xuño de 2011

Estatística descritiva: A natación en Galicia.

Eu elixín o tema da natación porque é o deporte que máis me gusta e podo practicar de cando en vez. Os datos obtívenos da páxina do IGE (Instituto Galego de Estatística), métinnos na folla de cálculo de Calc e fixen a seguinte gráfica.
Interpretación da gráfica:
Nesta gráfica se mostra con que frecuencia practican a natación os habitantes de Galicia (desglosados tamén por provincias). É de destacar que a maior parte das persoas non practicaron nunca a natación (con porcentaxes próximos ó 90%), o tanto por cento máis alto prodúcese en Ourense, cousa que tal vez non sexa moi rara xa que é a única provincia sen costa.

Traballo realizado por: María.

mércores, 8 de xuño de 2011

Traballo de Estatística descriptiva: Taxa de actividade na Provincia de Pontevedra

Para o meu traballo elixín os datos de ocupación, de actividade e de paro das mulleres e homes da provincia de Pontevedra. Escollín este tema porque me preocupa bastante a taxa de paro actual.
Tomei os datos da páxina do IGE (Instituto Galego de Estatística) e introducinos na páxina de Calc para facer as gráficas que vos mostro a continuación.

Interpretación das gráficas:
Como se pode observar nestas gráficas vese como a taxa de actividade descendeu un 3% nos homes entre o 2008 e o 2010 pero non pasou o mesmo coas mulleres xa que houbo un pequeno aumento entre o 2008 e o 2009, pero descendeu entre o 2009 e o 2010, aínda que iso non é máis relevante de todo, xa que hai un porcentaxe maior de homes que están activos que as mulleres, un 15%; na taxa de ocupación foi descendendo nos homes un 4% entre o 2008 e o 2009 e outro 4% entre o 2009 e o 2010, nas mulleres pasou algo similar, pero so descendeu un 2% entre cada ano, ao igual que na de actividade, nesta tamén hai unha gran diferenza entre os porcentaxes de homes que teñen ocupación e mulleres, un 13%; a taxa do paro nos homes aumentou un 6% entre o 2008 e o 2009 e entre o 2009 e o 2010 so aumentou un 3%, nas mulleres pasa algo polo estilo, entre o 2008 e o 2009 aumentou un 5% e entre o 2009 e o 2010 só un 2%, para haber menos mulleres con ocupación ou con actividade hai máis que están en paro e iso si que é para preocuparse...

Traballo realizado por: Fanny.

luns, 6 de xuño de 2011

Traballo de Estatística descriptiva: Explotacións equinas nas distintas provincias de Galicia

Para este traballo, escollin os cabalos porque me interesa moito este tema e tamén polo progreso que, anualmente, se vai obtendo no número de explotacións nas diversas provincias de Galicia. Os datos saqueinos do Instituto Galego de Estatística e leveinos ao programa Calc e realicei un diagrama de barras que deseguido vos ensinamos.

Interprtación da gráfica:
No gráfico aparecen os datos dos anos 1989 e 1999 de número de explotacións equinas, onde se pode apreciar o aumento do número delas en cada unha das provincias. Se ve que en A Coruña aumentou pero non moito, en Lugo foi onde se creou o maior número de explotacións, en Ourense vese un lixeiro descenso e na prvincia de Pontevedra atopamos un lixeiro ascenso no número de explotacións creadas neses dez anos.

Traballo realizado por: Dani.

venres, 3 de xuño de 2011

Traballos de Estatística descriptiva: Superficie construída en Galicia nos últimos 20 anos.

Neste remate do curso 2010-2011 da materia de Ámbito Científico, estamos a traballar os contidos de Estatística.
Como exercicio, imos a realizar uns traballos de Estatística descriptiva, que consisten na busca de datos en internet que lle parezan de maior interese a cada un, debendo explicar porque, a fonte dos datos, deben poñer tamen unha gráfica descriptiva do fenómeno estudiado e deben interpretar os resultados obtidos (explicación da gráfica).
Este é a grandes rasgos o proceso habitual na Estatística descriptiva, aínda que moitas veces deberemos obter nós mesmos eses datos mediante enquisas ou traballos de campo.
Exemplo: Estudio da evolución dos metros cuadrados construidos en Galicia nos últimos 20 anos.
Os datos foron obtidos da páxina do Instituto Galego de Estatística.
Interpretación da gráfica:
Na gráfica pode verse claramente a evolución nos últimos 20 anos da superficie construída en Galicia. Dende o ano 1990 ata o ano 1994 se mantivo estable con certos altibaixos, pero desde o ano 1995 se produce un primeiro incremento forte ata o ano 2000. E despois dunha pequena estabilización prodúcese un incremento aínda maior ata o ano 2007 (anos da burbulla inmobiliaria). Na gráfica pode apreciarse o baixón tremendo na construción do ano 2008 e, sobre todo, do 2009, con cifras inferiores ó ano 1990.
Porque elixín este tema:
Estes datos representados na gráfica superior, mostran claramente a burbulla inmobiliaria que tamén padecimos en Galicia e as consecuencias do seu pinchazo, a actual crise económica. (Nota: Preme na gráfica se queres vela mellor).