sábado, 26 de marzo de 2011

Crean baterías que se cargan rapidamente, gracias a una nanoestructura 3D

Na foto superior: Os responsables da investigación, Paul Braun, no centro, xunto ós seus colaboradores Xindi Yu (esquerda) e Huigang Zhang (Fonte: Universidade de Illinois).
Como en cursos anteriores, estamos a seleccionar as noticias que nos parecen máis interesantes da páxina web de Tendencias 21 (que recomendamos como visita habitual). Trátase de que cada un de nós decida cal é a noticia que lle pareceu máis interesante e porqué.

Eu seleccionei esta noticia cuxo estracto orixinal poño a continuación:
"Este desarrollo permitirá fabricar ordenadores portátiles, teléfonos y vehículos eléctricos que se recarguen en cuestión de minutos.
Científicos estadounidenses han desarrollado una nanoestructura tridimensional para baterías, que permite que éstas se carguen muy rápidamente, en tan solo unos minutos. El sistema sirve para cualquier tipo de baterías y se puede aplicar en fabricaciones a escala industrial. Esta minúscula solución servirá para reducir drásticamente el tiempo de recarga de las baterías de los vehículos eléctricos, y también para la fabricación de teléfonos u ordenadores portátiles que se carguen casi instantáneamente." Por Yaiza Martínez.
Premendo no seguinte enlace, baterías que se cargan rapidamente, pódese acceder á noticia íntegra.

Comentario:
Pareceume de grande interese esta noticia porque un avance na rapidez de carga e descarga nas baterías podería permitir o seu uso xeralizado, tanto para coches eléctricos con grande autonomía de desprazamento, como para tódolos dispositivos electrónicos portátiles.
Lendo o artículo parece que o avance se produce logrando construír, gracias á nanotecnoloxía, condensadores de moita maior capacidade que os actuais e posto que os condensadores, ó contrario que as baterías, poden producir cargas e descargas en moi pouco tempo, se lograrían así dispositivos de almacenamento de carga moito máis rápidos que os actuais.

Estou convencido de que a mellora dos sistemas de almacenamento de enerxía é a revolución inicial que se necesita para darlle o pulo definitivo ós sistemas de enerxías alternativas (solar, etc) descentralizados, onde cada unidade familiar podería xerar e almacenar boa parte da enerxía que necesita. Pois hai que ter en conta que, actualmente, o máis caro nun sistema solar é o de almacenamento de enerxía.

martes, 22 de marzo de 2011

Activación da maqueta do semáforo co Arduino

Nesta última práctica de robótica do Curso 2010-2011 de Tecnoloxía de 4º ESO Diversificación, activamos unha maqueta de semáforo que tiñamos no Taller (feita en cursos anteriores) cunha secuencia simple realizada co Arduino.
O programa en Arduino chámase "semáforo.pde", e o mostramos de seguido:

int contador = 0;
int pinesentrada[] = {1,2 };              /* Pin(1)pulsador para peatóns semáforo 1, Pin (2) pulsador para peatóns semáforo 2*/
int pinessalida[] = {8, 9, 10, 11, 12 };  /*Pin (8)S1 verde S2 rojo,Pin(9)amarelo, Pin(10)S2 verde S1 rojo, Pin (11) S2 amarelo */                
int temp = 5000;
int temp2 = 1000;
int puls1= 0;
int puls2 = 0;
void setup() {
     pinMode(pinesentrada[0], INPUT);   // Estes pines de entrada estaban pensados para incluir 2 pulsadores para peatóns, pero ó final non nos deu tempo a facelos, quedarán
     pinMode(pinesentrada[1], INPUT);   // para outro ano.
     for (contador=0;contador<5;contador++) {
        pinMode(pinessalida[contador], OUTPUT);
     }
}
void loop() { 
//  puls1= digitalRead (pinesentrada[0]);  // Estes pines de entrada estaban pensados para incluir 2 pulsadores para peatóns, pero ó final non nos deu tempo a facelos, quedarán
//  puls2= digitalRead (pinesentrada[0]);  // para outro ano.
 
digitalWrite (8,HIGH); /* encendendo o verde de S1 e o vermello de S2*/
delay (temp); // manteno aceso
digitalWrite (9, HIGH); /*encende o amarelo de S1*/
delay (temp2);
digitalWrite (8, LOW);  /* apaga verde de S1 e o vermello de S2*/
digitalWrite (9, LOW); /* apaga o amarelo de S1*/
digitalWrite (10, HIGH); /* encende o vermello de S2 e o verde de S1 */
delay (temp); // manteno  aceso
digitalWrite (11, HIGH); /* encende o amarelo de S2*/
delay (temp2);
digitalWrite (10, LOW);  /* apaga vermello de S2 e o verde de S1*/
digitalWrite (11, LOW); /* apaga o amarelo de S2*/
}
O Arduino activa unha placa de relés que fixemos en cursos anteriores para conectar os nosos proxectos por porto paralelo do ordenador, é por isto, que conectamos as saídas dixitais do Arduino ás entradas da placa cun cable para porto paralelo.
Premendo no seguinte enlace se accede a un vídeo onde se ve o funcionamento da maqueta do semáforo controlada co Arduino.

Traballo realizado por: Dani, Fanny, Iván, Gloria e María.

luns, 14 de marzo de 2011

ORIGEN (inception)


Vimos esta película nas clases de Ámbito Científico, pois cada certo tempo facemos un pequeno descanso de tanta materia dada e o profesor suxeriunos facer no noso blogue unha entrada sobre esta película.

Sinopse e opinión persoal sobre a película:
Origen é unha película na que os personaxes principais están entrenados para meterse nos soños das persoas e manipulalos ó seu antollo, pódenlle extraer as ideas, manipulalas ou crealas. Para todo isto, necesitan a un arquitecto/a que constrúa os escenarios dos soños como se fosen labirintos onde poder entrar exactamente no punto da mente, da persoa que queres.
Case todos os personaxes teñen un tottem, que é como un amuleto para non perder a razón ó non saber se están nun soño ou na realidade.
A película está chea de diferentes emocións: intriga, amor, dor, ...

O director:
Christopher Nolan. Paréceme un director moi creativo e imaxinativo, sendo responsable tamén dos guións das súas propias películas. Outra cinta del ,que ten tamén un guión moi imaxinativo, é Memento.

Os actores:
Na páxina de Cineyalgomas pódese atopar unha información moi extensa sobre os personaxes desta película e os actores que os interpretan, pero de xeito resumido os actores que participaron neste filme foron:
Leonardo DiCaprio, Cobb. É o protagonista principal.
Marion Cotillard, Mal: A muller de Cobb.
Ken Watanabe, Saito.
Joseph Gordon-Levitt, Arthur.
Ellen Page, Ariadne.
Pete Postlethwaite, Maurice.
Michael Caine, Miles.
Tom Hardy, Eames.
Dileep Rao, Yufus.
Cillian Murphy, Fisher.

Onde se pode atopar máis información sobre a película:
A reseña da película na web de Filmaffinity.
A entrada na web Zonafandom sobre a película, na que se dan ata 6 posibles interpretacións da historia.

Traballo realizado por: Fanny e Gloria.