xoves, 14 de outubro de 2010

René Descartes e o plano cartesiano

Este primeiro traballo que me tocou facer no novo curso trata sobre o pai da Xeometría Analítica: René Descartes, xa que no tema que estamos dando agora en Ámbito Científico estamos vendo a representación de funcións no plano cartesiano, a información atopeina en Wikipedia.

René  Descartes, tamén coñecido como Cartesius (Haye en Touraine o 31 de marzo de 1596-Estocolmo o 11 de febreiro de 1650), foi un filósofo e matemático francés, inventor do sistema de coordenadas do plano cartesiano, que influíu no desenvolvemento do cálculo moderno.
O PLANO CARTESIANO
En xeral, Descartes describiu un sistema de referencia respecto a un só eixe (liña recta), respecto de dous eixes (un plano) ou respecto de tres eixes (no espazo), perpendiculares entre si (plano e espazo), que se cortan nun punto chamado orixe de coordenadas.
No plano, as coordenadas cartesianas (ou rectangulares) X e Y denomínanse abscisa e ordenada, respectivamente.

Un punto calquera, no plano cartesiano, está formado por 2 números reais que representan as coordenadas X (positiva se está situada á dereita do punto O, e negativa se está á esquerda) e Y (positiva se está situada por enriba do punto O, e negativa se está por debaixo dese punto). Dito punto chamase centro de coordenadas O (orixe) e asóciase ó valor (0,0).

Traballo realizado por: María.

luns, 11 de outubro de 2010

Álxebra de Boole


Empezou o novo curso, en Tecnoloxía estamos dando un curso de Electrónica dixital. A Electrónica dixital é o conxunto de técnicas e aparatos que se utilizan para a transmisión da sinal dixital, a súa base matemática é  a álxebra de Boole. Para empezar póñovos unha pequena introdución de quen era Boole.
GEORGE BOOLE
George Boole (2 de novembro de 1815-8 de decembro de 1864). Foi un matemático e filósofo británico, como inventor da álxebra de Boole, a base da aritmética computacional moderna, Boole é considerado un dos fundadores do campo das ciencias da computación. No 1854 publicou “An Investigation of the Laws of Thought” no que desenrolaba un sistema de regras que lle permitían expresar, manipular e simplificar problemas lóxicos e filosóficos cuxos argumentos admiten dous estados (verdadeiro e falso) por procedementos matemáticos. A continuación vouvos explicar a álxebra de Boole.
ALXEBRA DE BOOLE
É toda clase ou conxunto de elementos que poden tomar dous valores perfectamente diferenciados, que designaremos por 0 e 1 e que están relacionadas por dúas operacións binarias denominadas suma (+) e produto (x).
SUMA
A operación suma (+) asigna a cada par de valores a, b  un valor c:
Se a lo menos un dos valores de a ou b é 1, o resultado será 1, é necesario que os dous sumandos sexan 0, para que o resultado sexa 0.
A súa equivalencia en lóxica de interruptores é un circuíto de dous interruptores en paralelo.
PRODUTO
A operación produto asigna a cada par de valores a, b un valor c:
Neste caso para que o resultado sea 1 os dous valores de a e b teñen que ser 1, nos outros casos sempre da 0.
Esta operación en lóxica de interruptores é un circuíto en serie de dous interruptores. 
NEGACIÓN
Ademáis da suma e do produto, adoita usarse a operación negación:
Neste caso se a era 0 pasa a ser 1 ou viceversa.
Esta información atopeina en varias páxinas de internet.

Traballo realizado por: Gloria.

domingo, 10 de outubro de 2010

A Tecnoloxía en GALEGO, como non!.

A primeira entrada deste curso, queremos dedicala a amosar o noso compromiso co Galego. 
Durante este curso o material didáctico que usaremos nas clases será en Galego, como non!
A lingua na que falaremos entre nós durante as clases será o Galego, como non!
O material que elaboraremos (entradas do blog, memorias de proxectos, etc) estará en Galego, como non!
E todo isto, porque tanto o profesor que aquí escribe como os seus alumnos sempre se expresaron en Galego, leron en Galego e pensan en Galego, como non!
E porque, en fin, cremos que a nosa língua permite comunicarse nas materias de  matemáticas, química, electrónica dixital ou calquera outra, porque non é inferior a outras, tan só é a nosa língua, como non!

Comezamos un novo curso

Durante o presente curso 2010-2011, os alumnos que agora están en 4º ESO Diversificación (María, Daniel, Gloria, Iván e Estefanía) e o seu profesor de Ámbito Científico e Tecnoloxías, que escribe estas palabras, volveremos con ganas renovadas a escribir neste blog de aula. Iremos poñendo a información que máis interesante nos pareceu durante o desenrolo da materia de Ámbito Científico ademais de ir reflectindo neste blog os diversos proxectos de tecnoloxía que iremos realizando.