luns, 23 de novembro de 2009

Como se licúa o aire?

O traballo que nos tocou relativo ó Tema: Aire e Atmosfera foi o de buscar información sobre os sistemas industriais de licuado de aire, que segundo parece son os sistemas que se usan para obter entre outros o Osíxeno e Nitróxeno líquidos (para sistemas de refrixeración, etc). Buscando en Internet atopamos unha boa información en Wikipedia que poñemos a continuación:

O sistema de Linde-Hampson é un sistema de licuefacción de gases moi estendido en aplicacións pouco esixentes de Crioxenia debido a súa sinxeleza e basease para o seu funcionamento no Efecto Joule-Thomson.


O sistema de Linde-Hampson Simple, está composto por un compresor, un cambiador de calor, unha válvula de expansión e un depósito para o gas licuado. O gas de aporte (aire) entra ó sistema a través do compresor, onde se lle aplica traballo e extraese o calor, tras o compresor o gas atópase comprimido a temperatura ambiente. A continuación o gas pasa por un intercambiador de calor onde arrefría, e despois, o gas frío e comprimido expándese a través dunha válvula ata a presión ambiente, nesta expansión o gas arrefría aínda máis debido o efecto Joule-Thomsom e pasa á cámara de licuación, nesta cámara parte do gas entra en estado de líquido saturado e retírase.

É deste aire en estado líquido de onde se obteñen a diferentes temperaturas o Osíxeno, Nitróxeno e os demais gases compoñentes do aire en estado líquido, que servidos en bombonas utilízanse en diversas aplicacións (Nitróxeno para Crioxenización, Osíxeno para soldadura, Neón para lámpadas, etc).

O esquema do sistema e o ciclo termodinámico seguido polo gas se mostran na imaxe superior.

Traballo realizado por: Fanny e María.

Experimento dos hemisferios de Magdeburgo


Dentro do tema de Ciencias, no que estamos agora (Aire e atmosfera), tocoume investigar sobre o experimento de Otto von Guericke coñecido como o experimento dos hemisferios de Magdeburgo, no que demostrou que o aire pesa.

Otto von Guericke foi un físico alemán coñecido por ser o inventor da máquina pneumática (Magdeburgo, 20 de novembro de 1602- Hamburgo, 21 de maio de 1686).

O experimento dos Hemisferios de Magdeburgo consistiu en xuntar dúas bóvedas metálicas ocas, duns 500 litros de capacidade, de forma hemisférica. Do seu interior extraeuse o aire cunha máquina pneumática, provocando o baleiro. Entón, sobre os hemisferios só actúa a presión atmosférica exterior, xa que ao extraer o aire non hai presión no interior. Se a superficie dos hemisferios é suficientemente grande, necesítase unha forza bastante considerable para lograr separalos, de feito, os dezaseis cabalos que utilizou Guericke para o seu experimento non foron capaces de separalos.
Cando, mediante unha válvula se lle insuflou aire novamente á esfera, puido ser separada en dúas metades sen dificultades.

Traballo realizado por: Gloria.

venres, 20 de novembro de 2009

Inventan un airbag para peóns


O artigo que máis nos interesou da páxina web de Tendencias 21 foi este en que se comenta o desenrolo dun airbag que protexe ós peóns se un vehiculo impacta sobre eles.
A continuación mostramos un extracto da noticia tal e como aparece no artigo orixinal:

"Reduce hasta un 76% el impacto contra un vehículo de una persona atropellada.
Ingenieros norteamericanos han ideado un airbag para peatones que reduce hasta un 76% el impacto de una persona contra un vehículo cuando es atropellada. El sistema detecta la inminencia de un impacto y automáticamente abre el capó y despliega un airbag. Otro sistema, colocado en el parabrisas, amortigua asimismo el impacto de una persona, reduciendo su intensidad en más de un 50%. Otras tecnologías van desde las variaciones en la forma del capó de los camiones, hasta los sensores que detectan viandantes en peligro, en el caso del modelo S60 de Volvo. Todos estos avances, sin embargo, aún tienen escasas aplicaciones reales, advierten los expertos." Por Yaiza Martínez.

Comentario:
Escollimos esta noticia de Tendencias21 porque nos chamou a atención a fabricación de airbags para os peóns. Este modelo de airbag pode axudar a moitos peóns que sofren lesións por ser atropelados por un vehículo, isto axuda a que o impacto do peón sexa menos grave pero, pola contra, nós pensamos que tamén pode causar lesións se o coche está case parado, producindo un impacto do airbag cara ó peón. A pesar disto, parécenos unha mellora moi boa e intelixente no mundo da automoción.

Traballo realizado por: Dani e Iván.

luns, 2 de novembro de 2009

Saíndo a por Cogomelos

As saídas da clase de ámbito científico que fixemos co profesor para buscar cogomelos foron moi produtivas, aprendemos o nome de moitas clases de cogomelos. Entre os cogomelos que vimos atopamos unha especie rara pola súa forma atípica e difícil de encontrar, entón decidimos facer o traballo sobre este cogomelo denominado Ramaria ou Clavaria (non sabemos exactamente a variedade). A continuación mostramos unha foto dun dos exemplares que atopamos nunha carballeira.
Posteriormente buscamos información en internet, e creemos que o exemplar atopado por nós se corresponde cunha ramaria formosa e a continuación mostramos unha foto obtida de internet.


A ramaria formosa distínguese por ter na súa xuventude o tronco branquecino, as ramas de cor asalmoado e os tápices amarelentos. Pode producir indixestións ou ser purgante. Aparece a mediados do outono, baixo faias ou carballos. É pouco común e ademais é tóxica. (Información atopada en internet).

Traballo realizado por: Fanny e María.

Operacións matemáticas no Antigo Exipto

A nós tocounos facer o traballo sobre as operacións matemáticas no antigo Exipto, para o cal buscamos infomación en diferentes páxinas de internet.


Suma e resta:

Para sumar ou restar utilizaban dous símbolos que se poñían antes dos números:A continuación amosamos un exemplo de suma (este exemplo foi sacado dun documento PDF sobre as Matemáticas no Antigo Exipto escrito por Ainoa Berciano Alcaraz, Universidade do País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea) :Multiplicación:

A multiplicación exipcia facíase por duplicacións do multiplicando, e é coñecido como duplicación e mediación, e baséase na propiedade distributiva da multiplicación.

O método utilizado só require saber sumar:

Se desexamos multiplicar dous números, sendo X maior que Y:

Na primeira columna escríbese a serie: X, 2X, 4X, ... (obtendo cada cifra duplicando a precedente).
 
División:
A división efectuábase polo procedemento inverso dá multiplicación:
Márcanse os números da columna B cuxa suma é o dividendo, e sumando os correspondentes da columna A obtense o cociente.

Cando o cociente non é exacto, é necesario introducir as fraccións.
Así, para dividir 169 entre 8 hai que operar igual, pero engadindo 1/8 pois 21 = 16 4 1 1 dividido por 8. Solución 21 1/8
Para dividir 170 entre 8 operar igual, pero engadindo 1/8 1/8. Solución 21 1/8 1/8

(A información sobre multiplicación, división e fraccións obtivémola en Wikipedia).

Traballo realizado por: Dani e Iván.