xoves, 30 de outubro de 2008

Motor con contactor reed


Este motor o fixemos a partir de un Kit de construcción de Opitec (nº 105.180). A foto anterior é a que aparece na páxina de Opitec.
Este proxecto, aínda que o tiñamos empezado durante o curso pasado (2007-2008), non o chegamos a facer funcionar. Pero durante este curso estivemos perfeccionando o proxecto ata que finalmente funcionou como se pode ver no seguinte vídeo:


Unha das melloras realizadas foi poñer a distinta altura o eixo do electroimán e o contactor reed, para que se producise un desequilibrio de forzas cos imáns e o efecto de repulsión do electroimán foxe máis efectivo.
Ademais, tivemos que xuntar o máximo posible tanto o contactor reed como o electroimán ó taco de madeira onde van unidos os imáns.

Traballo realizado por:  Adri e Amanda.

Máquina de vapor

Aínda que este proxecto o fixeron os alumnos de 4º diver do curso 2006-2007, realmente só funcionaba con aire a presión cando o compresor que utilizamos superaba os 2 bares de presión. Desde o comezo do curso estivemos a facer probas e detectamos algúns pequenos defectos que xuntos impedían que a máquina de vapor funcionase realmente coa presión do vapor xerado na súa caldeira.
Como se pode comprobar no seguinte vídeo, finalmente conseguimos que a máquina de vapor funcionase.
Entre as melloras realizadas estiveron:
Colocación (como indicaban os planos orixinais de Tradid) dun pequeno anaco de tubería de cobre como saída do vapor. Isto permite incrementar a presión do vapor pois o burato de escape redúcese.
Correción no ángulo de ataque da biela-pistón, xunto á lubricación axeitada antes de poñer en funcionamento a máquina.

mércores, 22 de outubro de 2008

ANÁLISE DE APARELLOS: LÁMPADA.

NOME DO APARELLO.
En Galego: Lámpada.
En Castelán: Lámpara.
En Inglés: Lamp.
En Francés: Lámp.

Aínda que se coñecen erroneamente por lámpadas, deberían chamarse Luminarias. Lámpada fai referencia ó que se coñece como bombilla. Sendo a Luminaria o soporte da bombilla.

DESCRICIÓN DO APARELLO.
Orixe:
O invento da lámpada eléctrica foi atribuído habitualmente a Thomas Alva Edison, quen contribuíu ao seu desenvolvemento producindo, o 21 de outubro de 1879, unha lámpada práctica e viable, que luciu durante 48 horas ininterrompidas. Sen embargo, Heinrich Göbel construíu no ano 1854 o que moitos consideran a primeira lámpada, introducindo un filamento de bambú carbonizado dentro dun bulbo de vidro no que fixera o baleiro para evitar a oxidación. Continuou co desenvolvemento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas. Non solicitou unha patente inmediatamente, pero en 1893 (o mesmo ano do seu falecemento) foi admitido o seu invento como anterior ao de Edison.

Función principal:
Unha lámpada incandescente é un dispositivo que produce luz mediante o arrequecemento por efecto Joule dun filamento metálico, ata poñelo ó roxo branco, mediante o paso de corrente eléctrica. Son moi ineficientes xa que o 90% da electricidade que utilizan transfórmana en calor.

Compoñentes ou partes:
Casquillo, corpo da luminaria (6 compoñentes e 1 parafuso interior oco), cable eléctrico de 2 fíos, interruptor e enchufe.

OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
A luminaria desmóntase desenroscando cada unha dás súas partes como se de parafusos se tratasen. O primeiro paso é desenroscar o casquillo, para a continuación liberar os cables dos seus puntos de conexión co casquillo (mediante 2 parafusos). A continuación desenroscamos as diversas partes do corpo da luminaria (no noso caso seis compoñente que se unen a un parafuso oco) e sacamos o cable.


Para volver a montar a luminaria, realizamos o proceso inverso.

PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
A luminaria funcionaba correctamente e só a desmontamos para coñecer o proceso de montaxe e desmontaxe e as súas diferentes partes.
Durante o proceso de desmontaxe caeunos o casquillo ó chan, perdendo parte do seu recubrimento cerámico, pero isto non provocou un maior problema no seu funcionamento, aínda que si na seguridade do seu uso en oportunidades posteriores.

Traballo realizado por: Alex, Rober e Nélida.

ANÁLISE DE APARELLOS: BATEDORA.

NOME DO APARELLO.
En Galego: Batedora
En Castelán: Batidora
En Inglés: Mixer
En Francés: Batteur
DESCRICIÓN DO APARELLO.
Orixe: A primeira batedora eléctrica foi patentada no ano 1908 en EE. UU. por Herbert Johnston. Pero a batedora cun deseño máis parecido ó usado na actualidade foi patentada en 1937.

Función principal: É un aparello que serve para triturar e cortar alimentos, facer salsas, purés e batidos.

Compoñentes ou partes: Está formada por un motor, pulsadores, circuíto transformador de AC/DC, brazo da batedora e coitela.

OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
Despois de observar a batedora exteriormente e que non se aprecian parafusos nela, tivemos que retirar unha tapa que ten na súa parte superior e atopamos un parafuso que permite abrir a carcasa do brazo da batedora.


Interiormente se aprecia o motor de corrente continua, o circuíto transformador de AC a DC e os pulsadores.

O proceso de montaxe foi sinxelo ó haber un único parafuso.

PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.

Esta batedora tiña o motor queimado.

Traballo realizado por: J. Antonio e Vero.

ANÁLISE DE APARELLOS: O FERRO DA ROUPA

NOME DO APARELLO:
En Galego: Ferro da roupa
En Castelán: Plancha
En Inglés: Iron
En Francés:Fer á repasser



DESCRICIÓN DO APARELLO
Orixe:
Sitúase como a orixe do Ferro, aproximadamente no século IV d. C. Hai documentos que indican que os chineses utilizaban un recipiente de lata, que contiña brasas e posuía un mango. En occidente comezouse a usar un alisador de vidro, mármore ou madeira, que se utilizaba en frío e empregábase xunto coa goma de amidonar que non permitía traballar en quente, ata ao redor do Século XV. Xa no Século XVII aparece a cita do termo “pasar o Ferro”. E os primeiros Ferros, xeralmente realizados en ferro, quentábanse ao lume. Posteriormente apareceron os Ferros ocos que se cargaban de brasas, denominándose “pasar o Ferro a carbón”. No Século XIX apareceron os Ferros de lavandería. En 1882 apareceu o primeiro Ferro eléctrico. En 1924, Joseph W. Myers inventou o Ferro eléctrico con termóstato (control de temperatura). En 1926, en Nova York, a empresa Elder Co. sacou á venda o ferro de uso doméstico a vapor.


Función principal:

O Ferro é un electrodoméstico que serve para pasar o Ferro, é dicir, alisar a roupa quitándolle engurras.

Compoñentes ou partes:
Enchufe, cable, zapata (contén a resistencia que se caldea coa corrente), termóstato (control da temperatura), reóstato (resistencia variable), tanque de auga.
OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
Primeiro separamos a parte posterior quitando un parafuso.
A continuación sacamos a parte superior do mango con moito coidado para non estragar as pestanas que ten.
Despois quitando outro parafuso separamos unha parte da carcasa. A continuación quítaselle o depósito da auga con tres parafusos e desmóntase a parte inferior (zapata) con tres parafusos máis.





PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
Este Ferro fai masa na resistencia da zapata e produce un curtocircuíto que fai saltar o diferencial da instalación. Sen embargo, pode usarse en calquera enchufe que non teña toma de terra sen producir ningún curtocircuíto, aínda que non é o máis recomendable.
Traballo realizado por:  Adri e Amanda.