venres, 29 de febreiro de 2008

Modificacións na Máquina de Leonardo

A continuación queremos mostrar algúns arranxos "tuneados" que lle fixemos ó noso proxecto "Máquina de Leonardo". Nos seguintes vídeos pódese ver que lle puxemos un motor que sacamos dunha impresora que deixara de funcionar. O motor traballa a 12 V, pero nós o puxemos a menor voltaxe, resultando un motor moi silencioso e que non se forza en absoluto. Ademáis fixemos cun anaco de flexe un simulacro de serra. Esperamos que vos guste.

Traballo realizado por: Diego, Javier e Vero.

xoves, 21 de febreiro de 2008

ESTADOS DA MATERIA

De sempre estudiamos que os estados da materia son tres: solido, líquido e gasoso. Pero en determinadas situacións se pode dar un cuarto estado: O plasma.

Plasma: É un sistema que contén un número significativo de partículas cargadas. Adoita ser gas ionizado, é dicir, cargado electricamente, baixo determinadas circunstancias de presión, temperatura ou alto voltaxe.

O Plasma en contra do que pareza e un dos estados da materia máis abundantes no Universo, pois a materia das estrelas está en forma de plasma. Pero, tamén cerca nosa, temos exemplos de plasma e aínda que non o podamos ver, si vemos os seus efectos.

Cando nunha tormenta se produce un raio, este non é máis que un inmenso arco voltaico entre as nubes e a terra (tamén pode habelos de nube a nube) aproveitando as canles de plasma, é dicir de aire ionizado pola inmensa diferenza de potencial entre as nubes e o chan.

A continuación poñemos un vídeo obtido de Stage6 que mostra un arco voltaico producido nunha liña de alta tensión de 500.000 voltios. (Nota: Tal vez necesites ir á páxina de stage6 e baixarte os "drivers" de divx.


Traballo realizado por: Alex, J. Antonio e Nélida.

ESTADOS DA MATERIA (profundización)

Como xa escribiron os nosos compañeiros os estados da materia son 4: Sólido, líquido, gasoso e plasma.

De tódolos xeitos, ó buscar en Wikipedia vimos que se podían dar, en condicións moi especiais, (normalmente con condicións extremas) outros posibles estados da materia:

Condensado de Bose-Einstein: Este estado se consegue a temperaturas cercanas ó cero absoluto (0º Kelvin) e se caracteriza porque os átomos se encontran todos no mesmo lugar, formando un superátomo.

Fluidos supercríticos: Por definición é calquera substancia que se encontre en condicións de presión e temperatura superiores ó seu punto crítico, é un casi estado con propiedades intermedias entre líquidos e gases.

Coloide: É aquel estado no que a fase contínua é un líquido e a fase dispersa se compón de partículas sólidas, poden atoparse coloides cuxos compoñentes se encontran en outros estados de agregación.

Superfluidez: É un estado da materia caracterizado pola ausencia total de viscosidade, de maneira que, nun circuíto pechado, fluiría interminablemente sin fricción. É un fenómeno físico que ten lugar a moi baixas temperaturas, preto do cero absoluto. Un inconvinte é que casi tódolos elementos se conxelan a esas temperaturas, pero hai unha excepción: O Helio.

Plasma de quark-gluones (QGP): É unha fase da cromodinámica cuántica (QCD) que existe cando a temperatura e/ou a densidade son moi altas. Este estado se compón de quarks e gluones libres que son os compoñentes básicos da materia. Se cree que existiu durante os primeiros 20 a 30 microsegundos despois de que o universo nacera despois da Gran Exploxión.

Materia extraña: É unha forma particular de materia de quarks. A unha densidade suficientemente alta, se espera que a materia extraña sexa supercondutora do calor.

Traballo realizado por: Amanda e Vero.

Masa vs Peso


Masa: Medida da cantidade da materia dun corpo. A masa representa o coeficiente de inercia dun corpo, é dicir, a resistencia que o corpo opón ás variacións do seu estado de movemento ou de quietude.

Peso: O peso é a medida da forza gravitatoria actuando sobre un obxecto. Cerca da superficie da Terra a aceleración da gravidade é aproximadamente constante e igual a 9,81 m/seg2; a unidade de peso no S.I. é o Newton e se pode medir cun dinamómetro.

Ó estado no que un corpo ten peso nulo, se lle chama ingravidez.

Pode deducirse que mentres a masa dun corpo se mantén invariable independentemente de onde se atope. Co Peso non sucede o mesmo, pois mesmo na Terra hai variacións segundo a altitude á que se mida (pois depende da gravidade terrestre).

O efecto é aínda maior se nos apartamos das condicións terrestres e nos imos a outro planeta, pois o peso dependerá directamene da aceleración da gravidade de ese planeta segundo a fórmula: P = M * g.

Como curiosidade podes coñecer cal sería o teu peso de estar sobre a superficie de diferentes corpos celestes do noso sistema solar, premendo sobre o seguinte enlace: Coñece o teu peso.

Traballo realizado por: Diego, Javier e Rober.